DÍA DE ROSALÍA

Nas clases non pasou desapercibido o 24 de febreiro, día de Rosalía. O venres anterior e o luns seguinte fixéronse lecturas dos seus poemas.

Na biblioteca aproveitamos todos os recursos postos en común. En especial, moitas grazas á biblioteca do CEIP de Andrade, de Pontedeume e á Biblioteca Chimpalibros de Fornelos de Montes, que tantas ideas nos deron. E á biblio Xoán Farias por esta pegatina:

Pegatina Rosalía 2013

Preme neste enlace para coñecer algo máis de Rosalía

ROSALÍA DE CASTRO

E agora algúns vídeos, que atopamos en YouTube:

Un documental de RTVE:

Adiós ríos, adiós fontes, en versión de Amancio Prada:

A fermosísima versión de Negra sombra que fixo Luz Casal

Por último, non volo perdades, o vídeo da Biblioteca Chimpalibros, do CEIP Doctor Suárez, de Fornelos de Montes, no que os protagonistas son os nenos e nenas de todo o colexio:

Non esquezades:

NA BIBLIOTECA TEMOS MOITOS LIBROS DE ROSALÍA

que vos esperan.

Advertisements