SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL

Este ano, no IES Monelos, reunimos todas as actividades de outono nunha semana que chamamos “semana da literatura de tradición oral”.

O magosto, as tarefas da vendima e da elaboración do viño, os días de Santos e de defuntos, o San Martiño, as historias de medo … reuníronse nunha semana, que rematou cun concurso para o primeiro ciclo da ESO.

Alumnos e alumnas trouxeron cantigas orais recollidas por eles dos seus maiores, fotos e imaxes referidos á vendima, ao magosto, refráns, relatos …

Tamén fixemos unha pequena exposición con mostras de literatura e os traballos seleccionados no concurso.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Advertisement