Nada mellor que celebrar este día cubrindo de poemas o mural do vestíbulo do noso centro. Encargáronse de facelo os alumnos do 1º ciclo de ESO. Elixiron os seus poemas preferidos e algúns alumnos incluso nos deixaron as súas propias creacións.
Aproveitamos esta data para render unha pequena homenaxe a Antonio Machado no 75 aniversario da súa morte. Os alumnos de 3º ESO baixaron ao vestíbulo e participaron nun xogo que consistía en completar unha selección dos seus poemas. Para atopar as respostas tiveron que consultar as obras de A. Machado.
Debe estar conectado para enviar un comentario.