O mércores, 18 de xuño, os alumnos de 4º de ESO asistiron a un recital de poesía de Xosé M. Díaz Castro a cargo de varios alumnos de 4º e dúas alumnas de 1º de Bacharelato. O recital foi enmarcado cunha interpretación musical dun alumno de 4º.
O xoves, día 19, os alumnos de club de lectura de 3º fixeron unha lectura dramatizada de Besos para la bella durmiente de Alonso de Santos ante os alumnos de 1º de ESO. E, pola tarde, repetiron a dramatización para os maiores da Residencia Bellolar.
A continuación, fixemos entrega de premio aos mellores lectores da Biblioteca.
Debe estar conectado para enviar un comentario.