Día das Bibliotecas

Para conmemorar esta data instaláronse no vestíbulo do centro dúas exposicións elaboradas polo Departamento de Matemáticas:
As matemáticas das artes. As artes das matemáticas. e As mates na vida cotiá.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Aproveitouse a ocasión para ofrecer unha mostra poética relacionada coas matemáticas en galego e castelán de autores do século XX.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Durante os recreos estivo a disposición dos alumnos unha mostra de libros da biblioteca que versan sobre as matemáticas. Como música ambiental acompañáronnos Les Luthiers co seu peculiar “Teorema de Thales”

Algúns profesores acudiron co seu grupo de alumnos a visitar as exposicións.
IMG_1340

Advertisement