Día da Lingua materna e Día de Rosalía

Desde a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística procuramos fundar as dúas conmemoracións nunha mostra poética dedicada á poeta compostelá. No apartado “Rosalía nas linguas do mundo” inclúense traducións de coñecidos poemas dela ao castelán, inglés, catalán, ruso, francés, xaponés e italiano. O apartado titulado “Rosalía nos poetas do mundo” consta de homenaxes poéticas en varias linguas que lle foron dedicando diversos autores galegos, españois e estranxeiros. Cada texto vai precedido dunha fotografía do autor e dunha ficha biográfica do mesmo. En “Rosalía sempre” inclúense aspectos plásticos en que foi plasmada: páxinas de cómic, carteis, postais, vitolas, selos, portadas…

O pase de diapositivas require JavaScript.

Para a utilización didáctica desta mostra, elaboráronse dous cuestionarios diferentes para o segundo ciclo de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

Advertisement