Día do libro

IMG_1928Os alumnos de ESO recibiron hoxe una sorprendente e inesperada visita.
Ás clases de 1º e 2º de ESO chegou o propio Cervantes, acompañado por dous queridos personaxes seus: D. Quixote e Sancho. Cervantes presentou a súa obra e os seus personaxes interpretaron un diálogo.
IMG_1923
Pero isto non foi todo. Unha parella procedente de Verona apareceu tamén nas aulas e os alumnos foron testemuñas dunha despedida ao amencer.
IMG_1518
Aos alumnos de 3º e 4º visitounos o outro escritor ao que se lle dedica este día. A Shakespeare, que fixo a súa presentación en inglés, acompañouno un dos seus personaxes máis coñecidos, Hamlet, quen recitou o seu famoso monólogo e, ademáis, tivo a delicadeza de facelo en galego.
Hamlet IMG_1512
Non podían faltar outros dous personaxes literarios moi coñecidos polos alumnos de 3º, Calisto e Melibea.
IMG_1523
Na Biblioteca fíxose entrega dos premios do concurso de microrrelatos organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá.
IMG_1532

Advertisements