Obradoiro de Haikús

Outro curso máis, o profesor Xavier Seoane ofreceu a súa xenerosa colaboración ao club de lectura cun obradoiro de haikús dirixido aos alumnos de 2º ciclo de ESO e 1º de Bacharelato.

En primeiro lugar explicou que son os haikús e cal é a técnica para elaboralos. Despois de facer a lectura comentada dunha antoloxía que entregara previamente aos asistentes, animounos a compoñer os seus propios poemas. Houbo moi boa resposta e algúns alumnos deron mostras dunha grande pericia e sensibilidade.

Advertisement