Semana das Letras Galegas

O venres, 15 de maio, os alumnos dos clubs de lectura de 1º e 2º de ESO participaron con compañeiros doutros clubs de lectura da cidade (Elviña, Monte das Moas, Agra do Orzán e Zalaeta) en dúas interesantes actividades que se levaron a cabo no centro cultural Ágora: un obradoiro de cómic, a cargo do debuxante José Domingo e un recital poético-musical de Lucía Aldao e María Lado.

Alumnos e profesoras acompañantes participaron tamén nun fotocol feito na Biblioteca da Ágora para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Con cen poemas por barba
As fotos do fotocol na biblioteca
Advertisements