Para conmemorar esta data, aproveitamos o lema das bibliotecas escolares elixido para este curso e organizamos unha exposición que titulamos “Viaxando coas palabras”. Nesta inclúense diferentes rotas pola xeografía do mundo, acompañadas de diferentes obras literarias e outras de non ficción.
A partir da exposición, elaboramos un cuestionario dirixido aos alumnos de 1º e 2º de ESO coa finalidade de que indaguen nos libros de viaxes para descubrir un novo mundo.
Na Biblioteca están expostos libros e películas relacionados con viaxes, aventuras, exploracións…
Debe estar conectado para enviar un comentario.