Homenaxe a Rosalía

O día 29 de febreiro conmemoramos no centro o nacemento de Rosalía coa lectura dunha escolma de textos dedicados á escritora pola poeta Luz Pozo Garza, que foi profesora no IES Monelos.

Os alumnos encargados de recitar estes poemas forman parte do Club de lectura de 4ºde ESO. Dúas alumnas de 2º de ESO ocupáronse do acompañamento musical.

Esta actividade foi organizada polo ENLG coa colaboración do profesor de Música, Antón Orosa.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Advertisement

Música e poesía

O venres, 19 de febreiro, a soprano Cristina Pérez, profesora de canto do Conservatorio da Coruña, acompañada ao piano polo profesor de Música do noso centro, Antón Orosa, interpretou cancións de amor de diferentes compositores do século XIX e XX en varias linguas (alemán, francés e galego).

Os alumnos do Club de lectura de 3º de ESO encargáronse de recitar os poemas musicados en galego e castelán.

Estes mesmos alumnos de 3º de ESO participaron no concurso de “Cartas de amor”, convocado pola Biblioteca Municipal do Castrillón e foron premiados dous deles: Natalia Álvarez de 3ºA e Jaime Vilar de  3ª B.