A exposición inaugurouse coa actuación do grupo senegalés DOMOU ÁFRICA MANDING PERCUSIÓN que nos amenizou coa suá música e baile durante o primeiro recreo, un pouco máis longo do habitual.
Os alumnos de 4º de ESO, despois de ver a película Un franco, 14 pesetas, tiveron a oportunidade de manter unha interesante charla coa actriz, Isabel Blanco. Contoulles a súa propia experiencia como emigrante e deulles moita información sobre a emigración en Suíza. Os alumnos formularon moitas preguntas sobre a película e tamén acerca de como era a vida dos emigrantes neste país.
Co alumnado do 1º Ciclo foise recompilando da prensa material gráfico sobre os refuxiados. Coas imaxes cubríronse varios corredores do instituto.
No Obradoiro que se levou a cabo na clase de Sociais de 2º de ESO, os alumnos buscaron información diversa, recollendo material gráfico de familiares e amigos emigrados ( cartas, fotos), maletas …
Alumnos de Música de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, acompañados ao piano polo seu profesor, Antón Orosa, interpretaron “Cancións africanas e mais” (góspel, cancións de traballo e algo de música pop) para os compañeiros de 1º e 3º de ESO.
Debe estar conectado para enviar un comentario.