MIGRACIÓNS ONTE E HOXE

SEMANA TEMÁTICA PROGRAMA

IMG_1952Copia

This slideshow requires JavaScript.

A exposición inaugurouse coa actuación do grupo senegalés DOMOU ÁFRICA MANDING PERCUSIÓN que nos amenizou coa suá música e baile durante o primeiro recreo, un pouco máis longo do habitual.

IMG_0028

Os alumnos de 4º de ESO, despois de ver a película Un franco, 14 pesetas,  tiveron a oportunidade de manter unha interesante charla coa actriz, Isabel Blanco. Contoulles a súa propia experiencia como emigrante e deulles moita información sobre a emigración en Suíza. Os alumnos formularon moitas preguntas sobre a película e tamén acerca de como era a vida dos emigrantes neste país.

IMG_2013

Co alumnado do 1º Ciclo foise recompilando da prensa material gráfico sobre os refuxiados. Coas  imaxes  cubríronse varios corredores do instituto.

No Obradoiro que se levou a cabo na clase de Sociais de 2º de ESO, os alumnos buscaron información diversa, recollendo material gráfico  de familiares e amigos emigrados ( cartas, fotos), maletas …

Alumnos de Música de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, acompañados ao piano polo seu profesor, Antón Orosa, interpretaron “Cancións africanas e mais” (góspel, cancións de traballo e algo de música pop) para os compañeiros de  1º e 3º de ESO.

IMG_7133

Advertisements