Día das Bibliotecas

O luns 24 de outubro o IES Monelos, con motivo da celebración do día das Bibliotecas, rendeu homenaxe a dous autores moi importantes: Roald Dahl, no centenario do seu nacemento, e Agustín Fernández Paz que faleceu este verán e que nos deixou un valioso legado literario. O equipo da biblioteca elaborou un PowerPoint de cada autor que proxectamos ese día no recibidor do centro. Acompañamos esta proxección con paneis alusivos a obra dos dous escritores. Os alumnos de 1º de ESO participaron nun concurso de preguntas sobre a vida e obra de Roald Dahl a partir da proxección do PowerPoint na biblioteca. En 3º de ESO leron en clase textos de obras escritas por Agustín Fernández Paz. Neste día moitos alumnos quixeron fotografiarse con carteis que recollían citas famosas sobre a importancia de ler e disfrutar dos libros.

This slideshow requires JavaScript.

Aquí podedes descargar as presentacións sobre Roald Dhal e Agustín Fernández Paz os que lles adicamos o Día das Bibliotecas.

Presentación Roald Dahl

Presentacion Fernández Paz

Advertisements