Felicitacións e lecturas para Nadal

O Equipo da biblioteca do IES Monelos desexa Boas Festas e un moi feliz 2017 a toda a comunidade educativa e aproveita a ocasión para recomendar lecturas de Nadal con este abeto elaborado con paquetes de agasallo.arbol

Advertisement

Visita dos alumnos de 1º de ESO a Biblioteca do Castrillón

Os alumnos de 1º de ESO do IES Monelos visitaron a  Biblioteca do barrio os días 19 e 20 deste mes, acompañados das súas profesoras de Obradoiro de lectura e escritura. As bibliotecarias mostráronlles as distintas seccións e aproveitaron para impartir unha charla

O pase de diapositivas require JavaScript.

de formación documental que puxeron en práctica os alumnos. A continuación, eles mesmos elixiron as súas recomendacións de lecturas para Nadal que foron expostas para todos aqueles que visiten a Biblioteca do Castrillón nestas datas.