Os alumnos de 1º de ESO do IES Monelos visitaron a Biblioteca do barrio os días 19 e 20 deste mes, acompañados das súas profesoras de Obradoiro de lectura e escritura. As bibliotecarias mostráronlles as distintas seccións e aproveitaron para impartir unha charla
de formación documental que puxeron en práctica os alumnos. A continuación, eles mesmos elixiron as súas recomendacións de lecturas para Nadal que foron expostas para todos aqueles que visiten a Biblioteca do Castrillón nestas datas.
Debe estar conectado para enviar un comentario.