Con motivo da celebración do Día escolar da Paz e a Non Violencia, o equipo da Biblioteca do IES Monelos organizou una xornada especial destinada a que os alumnos reflexionasen sobre as causas que impiden a paz no mundo e sobre aqueles que verdadeiramente loitan pola paz. Previamente elaboramos un sinxelo díptico no que aparecen as causas da guerra e dos conflictos internacionais, e as organizacións altruistas non gubernamentais que axudan ás víctimas da violencia en todo o mundo.
Así, os alumnos de 1º de Bacharelato asistiron a unha charla na que estiveron presentes membros de Amnistía internacional, Cruz vermella e Asociación Antonio Noche. Esta asociación ten a sede no noso barrio e desenvolve unha importante labor na loita contra a drogadicción que é unha das razóns que provoca a violencia no mundo, tanto nun entorno próximo como lonxano. Tras unha breve introducción coa lectura do díptico a cargo da coordinadora da biblioteca, os representantes das distintas organizacións falaron dos seus obxectivos e proxectos na procura da paz.
Finalmente, os alumnos fixeron preguntas sobre o tema.
Cremos que é necesario espertar a conciencia e o espírito crítico no noso alumnado para comprometernos e que o día da Paz deixe de ser únicamente unha data que conmemorar.
Na biblioteca do centro levamos a cabo unha mostra de libros relacionados co tema da paz para que alumnos e profesores poideran consultar e ler aqueles exemplares que máis lles interesaran.
Debe estar conectado para enviar un comentario.