Día da Poesía: Adiviña de que poema falamos (I)

Pistas dos poemas do día 13 de marzo de 2017

Primer nivel (1º, 2º, 3º de ESO)

a. A publicación dunha obra desta poeta está relacionada cunha celebración da nosa terra.
b. O poema fai alusión á emigración a América.
c. O protagonista deste poema despídese dos seus eidos e, ao final, da súa muller.

Segundo nivel (4º de ESO, 1º e 2º de BAC)
Poema galego

a. A autora deu clase de Literatura nos primeiros anos do IES Monelos.
b. O poemario que contén a composición é homónimo dun texto roubado na catedral de Santiago hai seis anos.
c. O poema alude a unha famosísima actriz nacida en Viena que morreu traxicamente en París, en 1982.

Segundo nivel.
Poema castelán

a. O autor é un poeta sevillano que morreu no exilio.
b. Neste poema cítase un río famoso.
c. No mes de xullo o poeta contempla esta paisaxe pola que vai camiñando “baixo un sol de fogo”.

Advertisement