Día da Poesía: Adiviña de que poema falamos (II)

Pistas dos poemas do día 14 de marzo de 2017

Primer nivel (1º, 2º, 3º de ESO)

a. O autor deste poema naceu nunha vila de Ourense pero está enterrado no cemiterio de S. Amaro e un colexio da cidade leva o seu nome.
b. O poema fai referencia a unha festa popular galega.
c. Nesta festa os nenos celebran a entrada da primavera.

Segundo nivel (4º de ESO, 1º e 2º de BAC)
Poema galego

a. Este poeta naceu na Coruña en 1954 e aínda deu clase no curso 2016-2017.
b. Gustáballe moito disfrazarse no Entroido.
c. O poema, que aparece nunha sección do libro que convida ao carpe diem, alude ao faladoiro ao aire libre onde se adoita tomar unha bebida estimulante.

Segundo nivel.
Poema en castelán

a. Este poeta sufriu unha grave depresión sendo moi novo.
b. Cometía, nos seus escritos, erros ortográficos. Era un sinal da súa identidade.
c. Neste poema a brisa fresca entra preguntando pola súa alma. Pero el non voltará…

Advertisement