Día da Poesía: Adiviña de que poema falamos (III)

Pistas dos poemas do día 15 de marzo de 2017

Primer nivel (1º, 2º, 3º de ESO)

a. Este famoso poeta foi mindoniense.
b. O poema foi musicado por Amancio Prada.
c. Neste poema aparece unha ave que pertence á familia das colúmbidas.

Segundo nivel (4º de ESO, 1º e 2º de BAC)
Poema galego

a. O autor escribiu unha biografía do poeta do Rexurdimeto da súa vila.
b. O título do primeiro poema e do libro alude á prisión no convento da vila natal.
c. A protagonista do poema foi unha vella canguesa condenada no século XVII pola Inquisición, acusada de bruxería.

Segundo nivel.
Poema en castelán

a. Este poeta morreu sendo moi novo e non por causas naturais.
b. Pertencía a unha xeración de poetas moi famosa do século XX.
c. Neste poema de estrofa popular, un satélite da Terra vai vestido con roupas de muller e avisa dunha morte.

Advertisement