Pistas dos poemas do día 16 de marzo de 2017
Primer nivel (1º, 2º, 3º de ESO)
a. O autor do poema ten unha estatua nos xardíns de Méndez Núñez.
b. O poema leva o nome dunha famosa escritora.
c. A protagonista foi a primeira escritora en ingresar no Panteón de Galegos Ilustres.
Segundo nivel (4º de ESO, 1º e 2º de BAC)
Poema galego
a. Este poeta galego viviu uns vinte anos nun país de Sudamérica con moita guerrilla e narcotráfico.
b. Rexentou unha famosa taberna nunha vila das Rías Baixas fundada, segundo a lenda, por Noé.
c. O título do poema alude a Irmandade que dirixiu Roi Xordo.
Segundo nivel.
Poema en castelán
a. Este poeta non amou a ningunha muller pero escribiu os máis extraordinarios sonetos amorosos.
b. Naceu en 1580 en Madrid
c. Neste poema está soñando cunha muller e non desexa espertar.