Día da Poesía: Adiviña de que poema falamos (V)

Pistas dos poemas do día 17 de marzo de 2017

Primer nivel (1º, 2º, 3º de ESO)

a. O autor nace na desembocadura do río Anllóns.
b. Este ano, no mes de marzo, cúmprese o centenario do pasamento deste escritor.
c. O titulo do poema alude a un famoso monumento megalítico de Cabana de Bergantiños.

Segundo nivel (4º de ESO, 1º e 2º de BAC)
Poema galego

a. O autor, de cativo, ía a cabalo a Nemiña para estudar latín cun crego.
b. Na Coruña, asistía a un faladoiro literario nunha libraría da rúa Real, que presidía un coñecido historiador.
c. No poema, o autor compara un famoso monumento bergantiñán cun monstro feminino da mitoloxía grega que tiña rostro de muller, peito, patas e rabo de león e alas de ave.

Segundo nivel.
Poema en castelán

a. Poeta chileno que tiña como verdadeiro nome Neftalí.
b. Neste libro ama “desesperadamente”.
c. O 20 é o que estamos a preguntar.

Advertisements