Visita da escritora Mónica Rodríguez aos alumnos de 3º de ESO

O pasado 10 de marzo recibimos en Monelos a visita de Mónica Rodríguez, autora do libro “Manzur o el ángel que tenía una sola ala”. Os alumnos de 3º de ESO leron esta obra no primeiro trimestre e agardaban con gran expectación a charla coa escritora xa que se trataba dun libro cheo de incógnitas e de significados profundos. Facíase, pois, necesario indagar nas claves da novela coa axuda da autora.

Mónica Rodríguez recoñeceu o influxo de certos autores no seu estilo, e concretamente da película “Amanece que no es poco” na que o surrealismo e o humor do absurdo están presentes. Así, en Manzur, o pobo e os seus habitantes posúen características que os fan extraordinarios e, en certa edida, irreais. O mundo das pantasmas, do inverosímil e maravilloso tamén está presente nesta novela.

A escritora transmitiulles aos alumnos a necesidade de ler para ser creativos e de correxir constantemente o escrito, perfeccionando o estilo e buscando a expresión exacta.

Actualmente Mónica Rodríguez adícase por completo o labor como escritora e permanece afastada temporalmente da súa profesión como física nuclear. Para explicar esta elección contoulles aos rapaces que fai anos estivo a piques de vivir una catástrofe aérea como pasaxeira. O feito de ver a morte tan cerca fíxoa reflexionar sobre a necesidade de perseguir e alcanzar os seus soños: ter fillos e adicarse a escribir. E así foi como hoxe podemos disfrutar das súas obras, merecedoras de moitos premios: Premio Anaya de literatura infantil e xuvenil pola súa novela “Alma y la isla`”; premio de Literatura infantil Ciudad de Málaga pola obra titulada “La bicicleta de Selva”; premio Ala Delta pola novela “Diente de León”, entre outros.

O remate da charla, Mónica Rodríguez firmou e adicou os libros a aqueles alumnos que se achegaron a ela. Todos coincidían en sinalar a cercanía da autora, que conseguiu mantelos absortos coas súas palabras durante a hora que durou o encontro.

This slideshow requires JavaScript.

 

 

Advertisements