Día das Letras galegas no IES Monelos

Con motivo do Día das Letras galegas e para conmemorar que este ano é o centenario do pasamento de Eduardo Pondal, organizamos cos alumnos do Club de lectura de 1º, 2º e 3º de ESO un roteiro a terras de Ponteceso. Alí fixemos un percorrido pola vila e coñecimos a súa paisaxe, como o Monte Branco, a Praia de Balarés….Pola tarde, acompañáronnos ata a Fundación Eduardo Pondal onde limos textos do autor e o noso roteiro. Logo visitamos o Dolmen de Dombate ante o que nos sentimos abraiados polo moito que nos di sobre nós mesmos. A xornada fíxosenos moi curta e quedamos con gañas de voltar noutra ocasión “A pequeña Ponteceso”

O día 23 de maio acompañamos aos alumnos do Club de lectura de 1º, 2º e 3º de ESO ao centro cívico Ágora. Alí reunímonos con outros Clubes de lectura de institutos da Coruña para celebrar o Día das Letras galegas. No acto conmemorativo entregáronse os premios do Concurso de Microrrelatos no que participamos todos. Os alumnos de Monelos quedaron finalistas en dúas modalidades. Puidemos disfrutar da actuación da cantante Iria Mejuto. Os rapaces viviron unha xornada especial polo que agradecemos enormemente a organización levada a cabo polo Ágora e polo instituto de Zalaeta.

This slideshow requires JavaScript.