Concurso logotipo e lema da biblioteca do I.E.S. Monelos

Adxuntamos o cartel coas bases do concurso de logotipo e lema para a nosa biblioteca. Poderán participar alumnos de bacharelato.

O prazo de presentación de modelos remata o 15 de novembro.

Agardamos a vosa participación

[pulsar sobre a imaxe para ampliar o contido]

 

Advertisement

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR NO IES MONELOS

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas con varias actividades encamiñadas a fomentar a lectura no noso alumnado. Organizamos un mercadillo de libros, unha exposición de recomendacións feitas polos alumnos e a representación a cargo do alumnado do club de lectura de 4º de ESO da obra Se suspende la función, para alumnado de 1º de ESO.

O pase de diapositivas require JavaScript.