Os alumnos de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato participaron no Concurso Odisea de Cultura clásica, como xa ven sendo habitual nos derradeiros anos. Este concurso promove a investigación e búsqueda de información en distintos soportes co fin de descubrir as respostas a cuestións plantexadas sobre a cultura grecorromana. Este concurso é organizado pola SEEC de Santiago.
Arquivo por meses: Febreiro 2018
Exposición adicada as Mulleres de Ciencia
O Departamento de Bioloxía quixo homenaxear ás mulleres científicas ao celebrarse o 11 de febreiro o día adicado a estas investigadoras, moitas veces esquecidas.
A profesora de Cultura científica traballou cos alumnos de 1º de Bacharelato na procura de información sobre estas mulleres de ciencia. Usaron diferentes fontes, co asesoramento da profesora, e realizaron esta actividade en varias sesións na biblioteca do centro. Asimesmo, para levar a cabo este proxecto o Equipo da biblioteca adquiriu libros de consulta que nos solicitaron.
O traballo foi exposto no vestíbulo do centro co fin de que se coñeza mellor a tarefa destas mulleres ás que lles debemos tanto.
Intervención poética no IES Monelos
Coa visita do alumnado do Mestrado de Formación do Profesorado, levamos a cabo unha poetización dos nosos espazos máis frecuentados, achegando a poesía a diferentes recunchos do centro. Co obxectivo de humanizar o noso contexto cotián, púxose a traballar man a man o alumnado do instituto e os futuros profesores e profesoras.
Visita de Eliacer Cansino e Ana Alcolea
O día 1 de febreiro visitounos a escritora Ana Alcolea, autora de dúas obras lidas polos alumnos de 4º e 2º de ESO: El secreto del espejo e La noche más oscura, respectivamente.
Durante unha hora con cada grupo, Ana Alcolea desvelou aspectos relacionados co seu traballo e coa obra lida polos alumnos. A autora acompañou a súa charla coa proxección de imaxes alusivas á temática das dúas narracións. Despois abriuse unha quenda de preguntas na que os alumnos amosaron interese por coñecer os segredos da tarefa de escritor e de elementos das novelas citadas. Finalmente, Ana Alcolea firmou exemplares de ambas obras aos alumnos que se achegaron a ela.
O día 21 de febreiro recibimos a visita de Eliacer Cansino, autor de Una habitación en Babel, que os alumnos de 3º de ESO leron no primeiro trimestre.
Eliacer falounos de como xurdiu esta obra, que problemas plantexa nela e que pretende cando escribe para xóvenes. Tamén houbo preguntas ao rematar a exposición aínda que os alumnos amosáronse un pouco tímidos. A firma de exemplares ao final da charla foi moi agradecida xa que a novela gustou moito a todos os grupos de 3º de ESO.
CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Actividade realizada polo alumnado de Obradoiro de Comunicación e Expresión Oral para o alumnado de 3º de ESO.
Debe estar conectado para enviar un comentario.