Visita de Eliacer Cansino e Ana Alcolea

O día 1 de febreiro visitounos a escritora Ana Alcolea, autora de dúas obras lidas polos alumnos de 4º e 2º de ESO: El secreto del espejo e La noche más oscura, respectivamente.

Durante unha hora con cada grupo, Ana Alcolea desvelou aspectos relacionados co seu traballo e coa obra lida polos alumnos. A autora acompañou a súa charla coa proxección de imaxes alusivas á temática das dúas narracións. Despois abriuse unha quenda de preguntas na que os alumnos amosaron interese por coñecer os segredos da tarefa de escritor e de elementos das novelas citadas. Finalmente, Ana Alcolea firmou exemplares de ambas obras aos alumnos que se achegaron a ela.

This slideshow requires JavaScript.

O día 21 de febreiro recibimos a visita de Eliacer Cansino, autor de Una habitación en Babel, que os alumnos de 3º de ESO leron no primeiro trimestre.

Eliacer falounos de como xurdiu esta obra, que problemas plantexa nela e que pretende cando escribe para xóvenes. Tamén houbo preguntas ao rematar a exposición aínda que os alumnos amosáronse un pouco tímidos. A firma de exemplares ao final da charla foi moi agradecida xa que a novela gustou moito a todos os grupos de 3º de ESO.

This slideshow requires JavaScript.

 

 

 

 

Advertisements