Celebración do Día do Libro no IES Monelos

Este día tan especial para todos o IES Monelos quixo dar a coñecer a alumnos e profesores a colección de libros Delicatessen cedidos amablemente pola Biblioteca do Castrillón. Son verdadeiras xoias de cores e debuxos increíbles, cunha presentación coidadísima que nos seduce pola vista, polas historias que narran e as mensaxes que gardan no seu interior. Os alumnos achegáronse a eles atraídos pola súa beleza e disfrutaron dunha oferta variadísima para todas as idades.

Ao final da mañá, un grupo de alumnas do Club de lectura de 4º de ESO representaron, para os alumnos de 2º de ESO, teatro lido, en concreto dúas pezas breves tituladas: La consulta e El epitafio. Son obras humorísticas e os máis novos riron e escoitaron con moita atención a interpretación. Levamos xa un tempo fomentando  este xénero que nos parece moi importante para favorecer a socialización, a lectura interpretativa e para achegar a literatura aos alumnos dun xeito lúdico. A lectura dramatizada fíxose na aula.

Asimesmo, en 2º de Bacharelato proxectouse un power point adicado a Cervantes e a súa obra para conmemorar esta data tan sinalada.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Advertisement