O proxecto da Biblioteca IES Monelos

Este curso a nosa Biblioteca emprendeu un novo  Proxecto inspirado no lema “Aprender a pensar coa Biblioteca escolar” proposto pola Asesoría de Bibliotecas.

Pretendimos investigar sobre diversas personalidades da historia que, co seu pensamento, fixeron cambiar o mundo.

Os alumnos do IES Monelos, de diferentes niveis, traballaron cos seus profesores neste Proxecto a partir de preguntas, propostas polos docentes implicados, sobre o antes, o durante e o despois dos persoeiros analizados.

O resultado é “Ideas que moveron o mundo”  que podedes atopar neste enlace.

http://bibliotecaiesmonelos.es/ideas/

Agradecemos dende aquí a colaboración do profesorado de Latín, Bioloxía, Filosofía, Matemáticas e Lingua castelá que se implicaron con nos neste Proxecto.

Advertisement

Recomendacións de lecturas – Verán 2018

Coa chegada do verán e do tempo de lecer, a Biblioteca do IES Monelos quere compartir con todos o pracer da lectura propoñendo estas obras nas que os máis novos e os maiores atoparán aventuras, ciencia, teatro, poesía e aqueles temas actuáis e de sempre que nos levan da man ao mundo das ideas e as emocións. Invitámoste a viaxar coa imaxinación sen moverte do sofá ou…da área baixo o sol.

Para os mais novos
Este cómic preséntanos a incrible historia de tres primatólogas que cambiaron a nosa forma de entender aos grandes simios…incluídos nós.
Baseado en feitos científicos, este libro amósanos, en cincuenta grandes cadros ilustrativos, a historia apaixoante dos habitantes do zoo e os seus devanceiros. Unha viaxe inesquecible: un percorrido polo fascinante mundo dos animais e dos zoos.
Unha serie de contos que nos achegan aos homes e mulleres do circo cun ton humorístico e que conseguen, como se di baixo a carpa, “o máis divertido aínda”.
Selección dalgúns dos mellores poemas de Miguel Hernández que nos axuda a descubrir a intensidade e viveza da súa palabra.
Con magníficas ilustracións, recolle poemas de doce autores da Xeración do 27 sobre o mar, as frores, árbores e estrelas baixo o tema dun imaxinario “huerto del limonar”.
Divertidísima comedia sobre unha obra teatral que, ante a ausencia dos actores, vai ser clausurada. A sorpresa será que os encargados do mantemento do local asumirán a representación.
Unha obra chea de humor baseado nas situacións disparatadas e os xogos coa linguaxe.
Para os maiores
A historia dun rapaz inadaptado que pinta de estrelas as habitacións da súa casa e que busca a súa princesa e remata por atopar a un príncipe, ¿ou non?
Unha novela que reflexiona sobre o papel e o perigo das redes sociais para a xente nova. Confiar demasiado en persoas descoñecidas é un risco.
Unha novela gráfica que xira arredor de dous temas de actualidade: a corrupción bancaria e os desafiuzamentos. Asesinatos e investigación policial que rematará con sorpresa.
Novela de descubrimento, a través dunha viaxe a Madrid, entre un mozo con problemas que fai autostop e a conductora do vehículo da que descoñece o nome.
Un dos poetas contemporáneos máis orixinais e universais que explora a sempre contradictoria e ambigua esencia humana.
Nova versión do conto de Charles Perrault na que Carapuchiña namórase dun lobo engaiolador que representa aos modelos convencionais masculinos, aceptados como atractivos, e que non son máis cunha trampa para a muller.
Unha obra de teatro sobre mestres e alumnos; sobre pais e fillos… Unha obra sobre o pracer de asomarse ás vidas alleas…
Unha obra sobre os que elixen a derradeira fila; aquela dende a que se ven todas as demáis.