Día das Bibliotecas

A biblioteca do IES Monelos quixo celebrar esta data tan especial proxectando no vestíbulo do centro un power point coas recomendacións dos profesores sobre as súas lecturas favoritas. Foi unha experiencia nova para os alumnos ver aos docentes co seu libro animándoos a ler e explicando as razóns para facelo.

Asimesmo, expuxemos libros que teñen no seu argumento unha referencia importante ás bibliotecas (El nombre de la rosa, La biblioteca de Babel, La sombra del viento…).

Os rapaces de 3º de ESO puideron ver a película La ladrona de libros e os alumnos de 4º de ESO, La librería, proxectadas na biblioteca.

DIA DAS BIBLIOTECAS

Advertisements