Pistas do día 16 de novembro

Imaxe

Advertisement

Concurso: Adiviña de que relato de terror estamos a falar

Con motivo da celebración do Samaín, o equipo da biblioteca convoca este concurso no que poden participar alumnos da ESO e de Bacharelato.

Bases do concurso:

1.-Poderán participar alumnos de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato en grupos de dous.

2.-Entre os días 12 e 16 de novembro publicaránse as pistas que conducirán a un relato de terror diferente. Serán cinco pistas por relato e día.

3.-Os alumnos participantes terán que descubrir o título dos cinco relatos.

4.-As respostas entregaránse en sobre pechado, cun seudónimo, na biblioteca do centro entre o 20 e o 26 de novembro.

5.-Haberá dous premios, un por cada nivel:

Primeiro nivel: 3º e 4º de ESO

Segundo nivel: 1º e 2º de Bacharelato

6.-Os premios serán entregados o día 30 de novembro na biblioteca.