Hoxe, día 31 de xaneiro, adicamos a xornada a reflexionar sobre o tema da Paz e a Non Violencia. Recibimos no noso centro a Marisa, activista de Mundo sen Guerras, que informou aos alumnos de 4º de ESO sobre a Segunda Marcha Mundial pola Paz e a necesidade de comprometerse para acadar unha sociedade na que, pouco a pouco, vaia impoñéndose a cultura da non violencia.
Invitamos aos rapaces a opinar sobre que consideran eles Non violencia, se cren que é posible a paz mundial, que actividades emprenderían para contribuir á mellora das condicións de vida dos pobos e dos cidadáns sometidos á violencia…
Proxectamos un vídeo sobre a Marcha Mundial pola Paz que se iniciará en outubro deste ano e rematará en marzo de 2020.
Cremos e confiamos en que a xuventude ten nas súas mans cambiar o mundo e consideramos necesario deixar esa semente de espíritu crítico nos nosos estudantes.
Debe estar conectado para enviar un comentario.