Visita da escritora María Solar ao IES Monelos

O día 5 de febreiro visitounos a escritora María Solar, autora do libro Os nenos da variola que leron os alumnos de 4º de ESO e sobre o que fixeron un traballo.

María Solar falounos da heroica fazaña da expedición Balmis, da importancia das vacinas e a erradicación da variola no mundo, frente a outras doenzas que aínda persisten nalgúns países, como a poliomelite.

Asimesmo, proxectou imaxes sobre os efectos da variola nas persoas e o Hospital de Santiago de Compostela de onde saíron parte dos nenos que transportaron no seu corpo a vacina.

Finalmente, fíxonos comprender a necesidade de manter viva a memoria do que se levou a cabo en épocas pasadas, e invitou aos rapaces a continuar, nun futuro, a investigación sobre aspectos aínda descoñecidos desta expedición.

Ao remate da charla, os alumnos fixeron preguntas sobre aspectos da obra e comentaron que lles gustou moito polo seu realismo e interés humano. Sen dúbida é un bo exemplo de como combinar a ficción e a historia mantendo o interese do lector ata o final.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Advertisement