Visita de Ana Alcolea no IES Monelos

O luns 18 de febrero, a escritora Ana Alcolea tivo un encontro cos alumnos de 3º de ESO. Nesta ocasión comentou a obra Napoleón puede esperar. Explicou o proceso de creación desta novela ambientada na súa cidade natal, Zaragoza: como xurdiu a idea, como se documentou…

Fixo fincapé nos aspectos éticos: a súa decisión de non dar protagonismo a personaxes que contribuíran a facer máis longo o asedio á cidade de Zaragoza e, por contra, destacar aquelas figuras históricas que realizaron un labor humanitario.

Os alumnos fixeron preguntas sobre aspectos da trama que non lles quedaron claros, como a interpretación dalgún dos soños. Así mesmo, mostraron curiosidade polo oficio de escritor.

Ana Alcolea é unha autora moi coñecida polos nosos alumnos xa que leron obras como: La noche más oscura, El secreto del espejo…

Estamos moi agradecidos porque sempre nos visita para falarnos do seu traballo como escritora e das interesantes tramas dos seus libros, o que, sen dúbida, impulsa entre os rapaces o amor pola lectura.

O pase de diapositivas require JavaScript.