O luns 1 de abril Ana Alonso visitou o noso centro para dar unha charla aos alumnos de 2º de ESO sobre o libro “El sueño de Berlín”, unha das lecturas do curso.
A escritora falou do proceso creativo desta obra, inspirada nas súas vivencias persoais como profesora de secundaria. A protagonista da historia padece TOC, enfermidade que tiña unha alumna da autora e que ela mesma sufriu en grado leve durante unha etapa da súa vida. Por iso escolleu o seu propio nome, Ana, para a personaxe principal.
Confesou, así mesmo, que a elaboración da novela, escrita xunto a o seu marido Javier Pelegrín, foi difícil porque lle afectaba de xeito persoal, dende o enfoque da protagonista e tamén dende a nai sobreprotectora desta.
Os alumnos estiveron moi atentos na charla, que resultou moi amena pola forma en que Ana Alonso se implica no que está a contar e a paixón con que vive os temas que presenta na novela. Preguntaron á autora sobre a inspiración para crear os personaxes, sobre a elección de Berlín como cidade sempre presente na trama e o tema de Exipto como a maior afección da protagonista. Tamén se interesaron sobre o proceso de edición, sobre a elección do título e por saber si a historia ía ter unha segunda parte.
Debe estar conectado para enviar un comentario.