Celebración do Día da Biblioteca

No IES Monelos adicamos esta semana á celebración do Día da Biblioteca. Levamos a cabo diversas actividades para animar á comunidade educativa a compartir todo o que a Biblioteca supón para nós.

Así, visitamos cos alumnos de 1º de ESO a Biblioteca do Castrillón o luns e o venres. Deste xeito contribuimos á tarefa de formar novos usuarios no barrio de Monelos.

Tamén celebramos un Superconcurso. Baixamos libros ó vestíbulo e os rapaces tiveron que adiviñar cada día a que obra faciamos referencia cunha pista por cada libro. En total 8 cada día. Entregamos os premios ós gañadores o día 24. O premio consistiu nun libro para cada un. O Superconcurso desenvolveuse en tres días, de luns a mércores.

Ademáis, representamos a obra teatral Besos para la Bella Durmiente, de José Luis Alonso de Santos. Fixeron a lectura dramatizada alumnos de 1º e 2º de ESO para rapaces e rapazas de 2º de ESO e 2º de PMAR. Esta obra xa foi representada na Biblioteca do Castrillón o 14 de maio. Consideramos que a ocasión merecía representala de novo.

Fixemos unha mostra de revistas, cedidas pola biblioteca do barrio para animar ós alumnos a demandarnos algunha publicación que incorporar ás que xa ofertamos.

Finalmente, proxectamos un Power Point coas recomendacións lectoras dos alumnos. Participaron rapaces e rapazas de 1º, 3º da ESO, e tamén de 1º e 2º de Bacharelato.

A Biblioteca implicou a todos, alumnos e profesores, nunha semana para lembrar, chea de actividades.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.