O Nautilus, o xornal da Biblioteca do IES Monelos

Achegamos o primeiro número deste que será o noso xornal, a voz da biblioteca do IES Monelos. Nace co desexo de chegar a toda a comunidade escolar e implicar a alumnos e profesores na súa creación.

Cada trimestre editaremos un número e ese exemplar reflectirá as actividades da biblbioteca, os proxectos, os Clubs de lectura, e haberá un espazo para os escritores

O Nautilus

Agardamos a participación de todos e unha boa acollida a este fillo que nace cando xa remata este ano.

Felices festas!

Advertisement

Recomendacións lectoras de Nadal 2019

Un ano máis chegamos ás festas máis familiares, as que despertan o desexo de compartir momentos cos máis achegados, coas amizades e compañeiros, despois deste percorrido de 12 meses. Falar das experiencias e por que non, das lecturas, e seguir a ler para ir máis alá co pensamento e as emocións.

Dende a Biblioteca do IES Monelos desexamos a todos un Bo Nadal e Felices lecturas neste tempo de lecer. Estas son as nosas suxestións.