Recomendacións lectoras de Nadal 2019

Un ano máis chegamos ás festas máis familiares, as que despertan o desexo de compartir momentos cos máis achegados, coas amizades e compañeiros, despois deste percorrido de 12 meses. Falar das experiencias e por que non, das lecturas, e seguir a ler para ir máis alá co pensamento e as emocións.

Dende a Biblioteca do IES Monelos desexamos a todos un Bo Nadal e Felices lecturas neste tempo de lecer. Estas son as nosas suxestións.