Celebración do Día Escolar da Nonviolencia e a Paz

O IES Monelos sumouse á celebración dun día tan importante coa lectura dramatizada da obra teatral Las piernas de Amaidú de Luis Matilla.

Alumnado do Club de lectura de 1º e 3º de ESO participou nesta iniciativa, dirixido pola coordinadora da biblioteca. Acudiron á representación rapaces e rapazas de 1º de ESO e 2º de PMAR.

Esta obra foi recomendada no Nadal pola biblioteca e pareceunos moi axeitada para a lectura dramatizada pola súa extensión e polo seu importante contido sobre as vítimas das minas antipersoas.

Os lectores fixérono moi ben e a obra gustou moito a alumnos e profesores.

Agardamos seguir a contar con estes actores en vindeiras ocasións  para novas lecturas dramatizadas.

O pase de diapositivas require JavaScript.