Charla de Alfredo Gómez Cerdá e entrega de premios.

O día 18 de febreiro visitounos o escritor Alfredo Gómez Cerdá, recoñecido autor de literatura xuvenil que acadou importantes galardóns como o Premio Cervantes Chico outorgado a toda unha traxectoria e votado por alumnos, mestres e críticos literarios. Recibiu tamén o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Barro de Medellín. É recoñecido fóra de España, en Italia e Alemania. En 2018 foi o candidato español aos prestixiosos premios internacionais Hans Christian Andersen e ALMA.

Á chegada, tres alumnas de 4º de ESO presentaron ó autor quen, tras unha breve introdución sobre a súa traxectoria e a novela Ninfa rota, lida polo alumnado, abriu un intenso debate sobre a mesma, respostando ás preguntas que lle fixeron os rapaces e rapazas. Neste coloquio xurdiron cuestións tan interesantes como a súa motivación para escribir a obra, a elección temática, a súa mestura xenérica ou a decisión de deixar o final aberto como instrumento para conmover ó lecto xa que, como dicía Kafka, un libro debe romper o mar xeado que hai dentro de nós.

Por outra banda, o 21 de febreiro, coincidindo co día previo ás vacacións de Entroido, fixemos entrega dos premios aos gañadores do concurso organizado pola biblioteca sobre o Proxecto Rúas con moita arte. Ao longo de dúas semanas plantexamos preguntas sobre persoeiros que poñen nome ás rúas da nosa cidade, do eido das letras, artes plásticas e música. O concurso baseábase nun Proxecto da biblioteca elaborado hai uns anos. Queríamos darlle máis relevancia e invitar a participar a todos os alumnos buscando información.

Os premios entregados foron entradas de cine que poderán disfrutar ata o mes de agosto.

Queremos fomentar no alumnado o uso das ferramentas de búsqueda de información e non deixar de facer referencia ós traballos realizados na biblioteca para que non caigan no esquecemento.

O pase de diapositivas require JavaScript.