O día 8 de marzo celebraremos o Día da muller e dende a biblioteca queremos lembrar a aquelas mulleres que, no seu momento e vencendo moitas dificultades, fixeron realidade os seus soños de descubrir, investigar e cambiar o mundo utlizando a razón e unhas grandes doses de entusiasmo.
Pensamos nun concurso no que o todo o alumnado pode participar. Trátase de averiguar o nome destas mulleres a partir dos datos proporcionados. Publicamos a presentación no vestíbulo do centro ata o día 13 de marzo e en breve poderedes consúltalo no blogue da biblioteca. Os premios serán entradas de cine e vales para adquirir libros nunha libraría da cidade.
Animamos a todos a participar!