Día do libro no Nautilus do IES Monelos

Sae o noso novo número do xornal O Nautilus con motivo dunha celebración moi especial: o Día do libro. Nesta edición atoparedes recomendacións lectoras, o labor desenvovido nos Clubs de lectura, a nosa reflexión sobre este día tan importante, a creación literaria dos nosos alumnos e unha lembranza a Luz Pozo Garza que nos deixou máis sós o día 20 do mes de abril.

Desexamos a todos que, máis que nunca nestes momentos, os libros sexan eses compañeiros silenciosos que abren unha fiestra á esperanza.

O Nautilus-num2