Formulario petición libros da biblioteca

Despois dun inicio de curso cheo de incertezas, dende a biblioteca do IES Monelos seguimos a pensar na comunidade escolar. Iniciamos o camiño, neste ano académico 2020-21, con novos proxectos en mente e un novo xeito de reservar as peticións dos nosos lectores. Aquí tedes esta ligazón: https://forms.gle/ZCxxHX69YLaiAWnT6

Para poder acceder ao formulario de solicitude de préstamo necesitades previamente iniciar sesión na conta de G-SUITE no equipo informático no que levedes a cabo a devandita solicitude. De tódolos xeitos, se tedes algún problema contactade co equipo de Biblioteca.

As vosas peticións serán atendidas en canto cubrades os datos do formulario que se despregará ao premer na ligazón . Os alumnos poderán facer uso dos libros durante 15 días, ao remate dos cales, deberán devolvelos en perfecto estado.

Desexamos un ano cheo de ilusións por aprender e disfrutar das lecturas!