Mes da ciencia en galego

A Biblioteca do IES Monelos retoma un proxecto interrumpido polo confinamento do mes de marzo. Nesas datas publicamos no noso blogue un traballo sobre mulleres científicas. Propuxemos un concurso de investigación sobre estas figuras destacadas da ciencia.

Este mes da ciencia en galego queremos botar man do devandito proxecto para que os alumnos participen novamente nese concurso. Está pensado para todo o alumnado de ESO e Bacharelato. Deberedes descubrir a identidade das diferentes científicas que aparecen no PowerPoint. Cada alumno participante poderá cubrir o formulario que se adxunta cos seus datos persoais, curso, grupo e as respostas que considere oportunas acerca das científicas obxecto de investigación.

Podedes atopar o formulario para cubrir na seguinte ligazón: Formulario para concursar. Lembrade que para poder cubrir o formulario tedes que acceder coa vosa conta de G-Suite

A data límite para cubrir o formulario será o 15 de decembro de 2020 e os premios serán entregados polo equipo de biblioteca o último día lectivo deste ano.

O premio consistirá nun cheque regalo para gastar nunha libraría da cidade para dous gañadores da ESO e dous de Bacharelato.