Neste Nadal, máis ca nunca, faise necesario retornar á nosa intimidade, ó calor do fogar, ás emocións sosegadas, aquelas que non rompen o silencio.
Porque desexamos erguernos renovados dunha experiencia de dor e sinsentido, porque un ano mellor nos agarda, sentimos unha forza que nos chama a mirar ó futuro cos ollos sorprendidos dun neno, ese neno que lía historias máxicas e que todos levamos dentro.