Día da Poesía no IES Monelos

A pandemia convertiu a nosa biblioteca nun espazo diferente. Hoxe o alumnado escoita aos profesores rodeado de libros, de palabras que están agardando ser pronunciadas, agochadas nos andeis, atentas elas tamén á voz dos docentes. Abrimos as xanelas para que o virus fuxa de nós e o ar se encha de versos como os que estes rapaces deixan nos beizos… para que ti os recollas.