Día do Libro: Literatura na rede

Os alumnos do IES Monelos participaron nesta data tan especial deixando, nunha rede non virtual, pequenos fragmentos de obras literarias que lles emocionaban especialmente. Eses anacos de vida quedaron retidos nos ollos daqueles que se achegaban a ler como, do mesmo xeito, todos os que amamos a literatura quedamos atrapados na rede de beleza creada coas palabras.