O xornal da Biblioteca: O Nautilus

Este derradeiro trimestre publicamos o noso xornal adicado a diferentes conmemoracións: o Día do Libro, o Centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, o Día das Letras Galegas. Tamén queremos facer partícipe á comunidade escolar das creacións literarias dos nosos alumnos, as súas opinións sobre temas de actualidade e o interese que despertan os Clubs de Lectura.

O noso desexo é que o vindeiro ano sigamos a publicar este xornal, nun espazo de normalidade, no que a Biblioteca recupere o protagonismo que tivo antes da pandemia.