BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO!

Abrimos as portas pechadas, as fiestras entornadas, e deixamos que a luz entre nos espazos do IES Monelos. Vimos con ilusión de emprender proxectos, de alimentarnos dos talentos de todos vós. Porque todos temos algo que nos fai brillar, aínda que non o saibamos.

Traballar en grupo é a nosa inquietude para este curso 2021-22. Construir, aportando o que cada un sabe facer. Aprendimos moito do ano anterior. Agora somos máis fortes; coñecemos as nosas debilidades e esta é a forma de vencelas.

Dende a nosa biblioteca, convertida en aula un ano máis, miramos con esperanza esta nova oportunidade de medrar. E sentir que só temos o presente para vivilo intensamente, compartindo momentos, compartindo lecturas.

Benvido curso 2021-22!