Día das escritoras

Dende a biblioteca do IES Monelos,, en colaboración co equipo de Dinamización lingüística, queremos celebrar este día nun momento no que a sociedade reclama unha maior visibilidade da muller no eido das letras. As mulleres escritoras teñen maior acollida entre mulleres lectoras. Reivindicamos que ese público lector se incremente. Presentamos unha escolma de autoras galegas e invitamos ao noso alumnado a participar nun concurso para identificar algunhas delas a través de pistas.

Podedes recoller o cuestionario no posto da biblioteca.